LIFE ISEAS

Proxecto de investigación no que colaboran o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e o Centro Tecnolóxico do Mar entre outros. A súa misión é darlle solucións á industria pesqueira para adaptarse á nova lexislación da Unión Europea en materia de descartes.

Deseñamos un catálogo explicativo das medidas que levarán a cabo para procesar as especies descartadas. Ademais, creamos un banner que acompaña ao equipo de investigación nas súas conferencias.

Outro dos proxectos para o que fomos contratados consistía en documentar, en formato audiovisual, os eventos clave do proxecto LIFE ISEAS.

O equipo do proxecto necesitaba, ademais, documentar o proceso de elaboración do material obtido dos descartes pesqueiros. Ademais da gravación e montaxe, encargámonos de estruturar a información do vídeo documental.